Exercicio capas.

Para facer o exercizo de capas ocorriuseme a idea de poñer un fondo marino e logo colocarlle instrumentos. Para o traballo utilicei esta imaxe de fondo e ca ferramenta tapón no photoshop quiteille os peixes que se ven ó lado da guitarra.


Logo, na seguinte imaxe do piano, ca ferramenta Lazo magnético collín o piano e paseino á foto anterior creando unha nova capa, pero nos axustes de fusión da capa púxenlle de opacidade 40 %.


E tamén collín este violín, foi moi doado collelo ca ferramenta Bariña máxica, e tamén o pasei a foto orixinal, tamén lle baixei a opacidade, puxenlle algúns efectos de fusión das capas e coloqueino na esquina inferior esquerda.


E este é o resultado do traballo de capas:



IMAXE MEDUSAS



Para facer o exercicio 1 do capítulo 1 de Photoshop avanzado usade a foto do seguinte link:

Onde o Titanic fracasou, Legos win.

Todo esto comezou cando a simpática profesora decidiu "obligarnos" a facer aos avanzados outro traballo por capas...
Sen ideas, pensei en Titanic, como se afundiu e tal. Pensei en facer a Son Goku co seu terrorífico kamehameha afundíndoo pero non quedaba ben...
Asi que decidin buscar un iceberg e postos a facelo, por un barco. ¡Pirata! ¡E de Legos que mola!

E xunteino todo:
Un iceberg:e un barco de legos:

Logo pensei que quedaría mellor o iceberg na esquerda, nun lado o iceberg, doutro os piratas.
Asi que "movín" o iceberg, clonando todo (cousas de avanzados):
E agora, miramos as cores.
A foto do iceberg é toda azul, en cambio, o barco é vermello.
Non pegan. Asi que cambiein o color do iceberg.
Pondo as nubes vermellas e o seu reflexo no iceberg tamén (outra cousa de avanzados)

E agora, ¡acercar o barco pirata!

Antes de poñelo, hai que borrar todo o fondo do debuxo, volvelo transparente para que non se note que é outra foto.

Agora que o temos transparente, só hai que coller a ferramenta de mover e colocalo enriba do iceberg, bueno, non lado, preparado para conquistalo.
E así queda a miña obra maestra:









My heart, will go on.
eLiiCoptero

DISFRAZ DE QUENLLA DEFINITIVO CHACHI GUAY TODO METALERO

Bueno ,hoxe rapaces imos aprender a disfrazar o noso irman pequeno para o hallowing que xa está a volta da esquina, sen gastarnos unha pasta no dindon ou no dondino (un inciso: algunha vez vistedes a don dino e a din e don, a mesma vez? NON!! PORQUE DON DINO É DIN E DON DISFRAZADOS DE DINOSAURIO PARA GAÑAR MÁIS DIÑEIRO!!! Non foron moi orixinais no nome de Din Don a Don Dino non hai moita diferencia)

Partimos da imaxen do teu irmán que no meu caso é malladiño a min: medio rubio e de ollos azuis
Duplicamos a capa de fondo e en duas capas diferentes clonamos a pel topandolle os ollos





Despois abrimos a imaxe da que vamos a disfrazar o noso irmán e seleccionamos no meu caso os ollos con bastante calado e o pegamos e colocamos coa opción transformar.

Duplicamos a imaxe e na opcion edición/transformar/rotar horizontal e volvemos a transformar para o outro ollo e que se acople mellor e queda algo así


despois selecionamos a cola coa axuda da pluma; copiamos a capa da forma poligonal coa opacidad mínima e coa capa fondo seleccionada e a pegamos nunha nova capa,
como a cola é dun golfiño é marron e os ollos de tiburon máis ben grises collin un segmento de pel de tiburon e deformeido hasta que coincidira coa cola,

despois (coidado esta parte é algo complicada) seleccionei a capa da cola marron e apliqueille unha máscara a pel do tiburón e o modo de fusión trama; fixen invisible a aleta e seleccionei o fondo branco e apliquei unha máscara no grupo da aleta.
A distribución das capas debe quedar algo así:
E este é o meu irmán espero que vos guste porque a miña nai non lle gustou tanto.



¿TRUCO OU TRATO? manden as súas lambonadas ( como me gusta esta palabra lambonadas
lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas lambonadas se o dis moitas veces case dis limonadas ) a dirección: Freixendo Toén Ourense nº 18 código postal: 32940


NO PRÓXIMO TUTORIAL FALAREMOS DO GOBERNO!!!

Profesora: Moi ben Noel, segue así!!!

PINCELES PARA EL EJERCICIO DE CAPAS


Pinceles de Velavan:Tree Brushes by VELAVAN Brushes : 12
Website : VELAVAN
Photoshop : CS2 +





VÍDEO SOBRE CAPAS EN PHOTOSHOP



As capas son uns dos elementos máis interesantes do Photoshop, xa que nos permiten ir engadindo elementos ao noso arquivo de forma independente, o que permite ir facendo modificacións sen perder o que nos interesa do arquivo. Funcionan como follas de acetato onde engadimos elementos que se superpoñen os xa existentes.
A continuación déixovos un enlace a un video-tutorial sobre capas en Photoshop no que se amosa como:

  1. Mover diferentes capas dun documento psd de forma simultánea.
  2. Duplicar capas.
  3. Copiar capas dun documento a outro.

EXERCICIOS PARA SUBIR NOTA





Para subir nota podedes realizar os seguintes exercicios sobre capas:
  • Retocar unha imaxe da vosa elección, subila ao blog xunto coa imaxe sen retocar explicando os efectos aplicados de forma pormenorizada. (ata un 8)
  • dun arquivo en formato psd (gardar como psd) onde se obteñan as letras "IES O Couto" e como se explica no seguinte tutorial -----> tutorial letras de xeo.

Benvidos o Blog



Benvidos. Comeza un novo curso. Neste blog atoparedes información sobre os contidos da materia Tecnoloxías da Información e da Comunicación de 1º de Bacharelato e nel publicaremos os traballos que realizaredes o longo do curso.

CROQUIS APROXIMADO E CENSURADO DA MIÑA MENTE

Partindo da idea da profesora de facer un cadro subrealista o primeiro que se me veu a cabeza foi a miña mente (valga a redundancia);pois, Que hai máis subrelista que a miña maneira de pensar?

O máis difícil foi censurar todo aquelo inapropiado o cal non é pouco nin doado.

Estos foron os meus pasos:

1.- Crear novo archivo de 800x600 px

2.- Crear unha nova capa a que chamei "RAIO DE LUZ ROSA". Nela creei un degradado de rosa a transparente e difumineino coa ferramenta dedo.







3.- Nunha nova capa fixen un alboroto de pinceles de distintoas cores e apliqueille o modo "luminosidad"



4.-Dupliquei esta capa e apliquille o modo "subexposición lineal" (non creo que nadie lea esto xa que eu tampouco o lería, porque é un pouco coñazo e a vagancia todo o pode, con ver as imaxes vese moi ben a transformación)


5.-A parte con diferentes pinceis, coa ventá pinceis para modificalos e a goma de borrar fabriquei esta cara en negro e añadino.



6.- Por último dupliquei a primeira capa (RAIO DE LUZ...) e apliqueille o modo "saturación"

(Este paso non necesita de imaxe porque realmente non cambia nada a imaxe pero ese día estaba inspirado e pareceume imprescindible)

E aquí está o resultado; agora destribuilo polo mundo, xa teño un precontrato formal coa capilla sixtina para decorarlle un rodapé de 20cm que non me pagan moito (un bocadillo de mortadela con aceitunas e unha cocacola) pero por algo se empeza.





NO PRÓXIMO TUTORIAL FALAREMOS DO GOBERNO!!!!!!!!!
(máis de tres exclamacións significa que é importante)

Cadro contemporáneo.

Para facer este cadro contemporáneo o primeiro que fixen foi crear un novo arquivo en cor de fondo azul de medidas 600 por 800 píxeles. Unha vez co arquivo aberto, ca ferramenta pincel, cambiando o diametro e ca opacidade ó 100% fixen a cruz que se pode ver no centro da imaxe, esta feita co modo disorver e cun tipo diferente de pincel. Logo fixen as raias que se poden ver na parte superior do cadro, esta feito cun tipo de pincel, en opacidade 100%, co mesmo diametro de pincel ca cruz e co modo superpoñer.

Cuadro "contemporáneo".

AMIGOS!

Xa fai mooooito tempo que non nos vemos/lemos...
Asi que hoxe vos ofrezo o mellor cuadro de arte comtemporáneo de tódolos tempos!

Sí, non mola pero é arte ¬¬

Se queredes facer unha cousa destas (dúdoo pero bueno...) só tedes que coller un pincel molón que pareza un pincel, elexir unhas cantas cores e facer liñas. Queda cachipiruleta se tamén usas os distintos modos de cor que existen no noso querido fotochope.

Ao final quedarache algo parecido ao que eu teño ahí arriba, poderache non gustar pero se o colgas nunha galería de arte ao mellor podes volverte rico... Quén sabe?


Un besito guapos e ata a próxima.