Os paxaros animados


Boas!! Hoxe vamos facer que estes paxariños cobren vida coa chegada do Nadal.


Temos a imaxe inicial.Para conseguir que estes paxaros lograsen mover os seus peteiros como se estivesen cantando, o que fixen foi, abrir a imaxe noutra fiestra e rotala en sentido horizontal (imaxe2). Despois seleccionei co lazo magnético o peteiro aberto do paxaro dun dos extremos. Copieino, e púxenllo ao paxaro que tiña o seu peteiro pechado. Aos outros dous que o tiñan aberto, borreillos un chisco, e para que non se vise moi brusco, utilicei o pincel corrector puntual.Na outra imaxe que rotáramos (imaxe2), collemos o paxaro da esquerda, de novo co lazo magnético, e copiámolo. Voltamos á nosa imaxe orixinal e selecionamos o paxaro da dereita, borramolo, reemplazandoo polo que copiaramos.Nas seguintes imaxes o que fixen foi alternar os paxaros dun lado e doutro, e combinar os peteiros pechados e abertos.

Ordeneinas todas e metinas no Gif Animator. E o que resultou de todo este enredo foi isto: